A Ulloa ten mais dun cento de cruceiros (fácil de saber porque hai 90 parroquias e en moitos casos mais dun) e un dos mais retratados é o cruceiro de Alvidrón (foto 1). Penso que a razón non está na súa antigüidade senón na súa peculiar Virxe das Dores (foto 2) e o lugar ven visible no que agora está, xa que seu emprazamento orixinal (polo las novas que me deu o amigo do Lar dos avós) non era ese senón que , ata o ano 1978, estaba na saída da praza da igrexa na entrada ó camiño que vai a Mancegar, e por aquelas aínda conserva os tres pasos da súa base.
Estiven a buscar datos sobre a súa cronoloxía pero son ben confusos. Hai autores que din que é do século XVIII outros do XIX e hai que dixo que foi feito o século pasado. Logo estiven a mirar outros cruceiros similares en Galicia e é curioso que das mais de 1.000 fotografías que vin so 32 tiñan bola, e desas só 4 tiñan as imaxes de Cristo e da Virxe, porque o normal nese tipo de cruceiros é que so teñan a cruz ou, como moito, o Cristo na cruz. Así xa cheguei a conclusión que o de ter unha bola en lugar da base cadrada é pouco común e mais raro aínda plantarlle enriba as dúas imaxes.
A Virxe das Dores non comezou a representarse con sete puñais cravados no corazón ata o século XVI (en Flandes) e esta iconografía non se espallou por España ata finais do século XVII. En 1727, Benedicto XIII, engade a imaxe da Virxe das Dores a festa do Venres da Paixón e polo tanto a virxe do cruceiro de Alvidrón sempre sería posterior a esta data.
Por outra banda atopei a inscrición da copia deste cruceiro (do que xa falarei o próximo día) que en concreto di: ANO 1836.
Polo tanto, o cruceiro de Alvidrón fíxose entre a segunda metade do século XVIII e o principios do XIX e non no século XX, a non ser que o cruceiro de Alvidrón sexa a copia e o feito en 1836 sexa o orixinal (que todo pode ser nesta Ulloa nosa).
Xeral e detalles do cruceiro.
Alvidrón.
Antas de Ulla.
Se queres ver as zocas da virxe de Alvidrón, atravesa o espello cara A Outra Ulloa
3 comentarios:
É a primeira vez que me fixo nun cruceiro con este tipo de base. Non uqere dicir que non os teña visto, pero desde logo non quedou no meu rexistro.
Agora chámame a atención.E dado que a miña compañeira de blog está empezando a meterlle o dente aos cruceiros de Friol, prestarei máis atención.
Será a representación da bóla do mundo? Non creo pero por elucubrar...
De tódolos xeitos a min recórdanme os pelouros portugueses.
Perdoa a miña ignorancia pero non sei ó que son os pelouros portugueses. Tes mandarme unha foto
Fermoso cruceiro de Alvidrón, que xa foi inspiración e musa de máis dun poema ben fermoso!
Publicar un comentario