domingo, 29 de noviembre de 2009

O castelo de Pambre no 1925






















Esta fin de semana estiven vendo a fantástica exposición de Ruth Anderson na Fundación de Caixa Galicia da Coruña. Desta fotógrafa coñecía a súa obra dende fai anos, pero o que non sabía era que ela tamén estivo na Ulloa nunha das súas visitas a Galicia, entre os anos 1925 e 1927.

Foi unha agradable sorpresa topar con esta foto do Castelo de Pambre feita en xaneiro do 1925. Xa vedes, nos anos vinte, unha rapaza americana percorreu Galicia coa súa cámara e unha beca da Hispanic Society of América, co fin de retratar os costumes da época no norte de España. De aí saíu un excelente arquivo fotográfico destes que vale a pena ver aínda que sexa unha soa vez na vida.

Recoméndovos a exposición a todos.


Castelo de Pambre no ano 1925.
Pambre.
Palas de Rei

Fotografía: Ruth Matilda Anderson

5 comentarios:

aopedofarelo dijo...

Eu xa tiña novas dela, ainda mais tiven a sorte de ver algunhas das súas fotos, nun libro que me deixaron fai tempo.
Do que non tiña nin idea é que estivera por aqui.....Teño que acercarme a Coruña, Xa estivo un tempo tamen en Lugo, pero non puiden ir.
Unha aperta

A Ulloa en fotos dijo...

Seguro que te refires a un libro que publicou a Xunta fará uns dez anos ou mais. O curioso dese libro e que eu ó coñezo porque está na biblioteca de Monterroso, pero nunca ó vin en ningunha librería.

Ruth Anderson pasou por Agolada seguro, non vin fotos que puxeran Agolada, pero para ir dende o Castelo de Amarante ata Lalín, non queda outra que cruzar o Farelo, e de Lalín ten unhas cantas fotos. Agora que me lembro, había unha que tiña de título "Feira. Lalín" Recordo que pensei nos pendellos cando a vin. Xa a buscarei no catalogo.

Zeltia dijo...

eu estiven nesa exposición, da que salín encantada, e penso volver que ainda vai estar un tempo máis na coruña.
lémbrome de ver esa foto do castelo de pambre, porque poñédelo moito en fotos os que sodes desa bisbarra, e vino en varios blogs.
pero non máis fotos, que eu notara, excepto unha dun horreo en antas de ulla.
de lalín sí, de lalín na feira hai, e doutros sitios da comarca do deza.
as fotos das feiras son das que máis me gustaron. é coma mirar por un buraquiño e rescatar por un intre, un tempo xa desaparecido.

Zeltia dijo...

eu deixara un comentario aquí, xa notei que fixo algo raro ó envialo... só dicia que eu estiven na exposición e que de lalín si vin varias fotos, e de outras feiras na comarca do deza, pero que da comarca da ulloa, vin a do castelo e outra dun horreo de antas de ulla, e nada máis que lembre.
a esposición merece moito a pena, e ainda vai estar un tempo máis na coruña

A Ulloa en fotos dijo...

Si, chegaron as dúas mensaxes pero non se publican ata que eu as dou por válidas.

As tres fotos da Ulloa que hai na exposición: unha é a de Pambre, outra a que ti dis do hórreo de Antas de Ulla, aínda que non debería ser ese o título senón "Hórreo sobre a porta principal do Castelo de Amarante (Antas de Ulla)". A terceira foto o título pon "Facendo un carro. San Miguel de Penas. Lugo". San Miguel de Penas é unha aldea do concello de Monterroso e esa foto está feita na actual Casa do Campo que agora está adicada turismo rural.

Déchesme unha idea, vou sacar as outra dúas fotos do 1925 e facer eu a mesma foto na actualidade. As próximas entradas iran diso. Gracias