martes, 24 de noviembre de 2009

Castelo de Pambre outra vez

















Lévase falado tanto del que todo ó que poida dicir e repetir ó cen veces escrito. Hai centos de fotografías mellores cas miñas, así que hoxe so engado unha fotografía feita nun día gris do pasado xaneiro.

Despois de anos de loita pedindo a apertura ó público, abriuse por fin a posibilidade de que as administracións públicas (Xunta de Galicia, Goberno central, Deputación Provincial e Concello de Palas de Rei) se poñan de acordo para que o castelo de Pambre deixe de ser privado e calquera cidadán poida visitalo.
Con tantas noticias no últimos días decidín facer un enlace onde se poidan ver todas xuntas, así iremos vendo como se van cocendo as fabas deste cocido.

Sobre como é porqué se construíu o castelo hai dous artigos moi interesante e vos recomendo ler no blogue da Terra de Friol, un deles titúlase "Conflitos na Idade Media" e o outro "Escenarios dunha guerra".


Castelo de Pambre.
Pambre.
Palas de Rei

9 comentarios:

A Ulloa en fotos dijo...

Por certo, no lle recomendo a ninguén que entre no castelo pola parte traseira salvo que saiba como domesticar ó can que hai dentro.
Que conste que non o digo por experiencia, pero no centro de Saúde de Palas de Rei tócalles a cada pouco atender a alguén das trabadas do can e a última aínda foi o pasado domingo.

Chousa da Alcandra dijo...

Moi atinado este consello. Eu nunca vin o can; pero xuro que o escoitei ladrar, e xa pola súa "voz" pronostica que as pulgas que ten non son todas boas.

Con respecto á posibilidade aberta de facer, por fin, público o Castelo; espero que on deixen agora esmorecer co tempo esa realidade. Antes había un conflicto de intereses e podía valer de excusa; agora que non o hai...que xurdan nas negociacións. Eu tamén teño ganas de retratalo por dentro, que por fora xa teño unhas cantas.

Naralliensis dijo...

Eu tamén levei un susto co can.

A Ulloa en fotos dijo...

Eu entrei tres veces en Pambre. A primeira cando tiña uns 17 anos e grazas a que os antigos caseiros nos deixaron pasar. A segunda foi na 1ª Marcha Irmandiña, cando o dono abriu as portas e entramos os que quedábamos alí afora. A última foi fai uns once ou doce anos, cando despois de moito falar e falar, o portugués que o señor conde tiña contratado para restaurar a capela, abriunos a porta e ensinounos o seu traballo as dúas persoas que chamamos a porta.

O famoso can apareceu duns anos para aquí pero eu acordo media ducia de ocas que eran peor co can.

TERRAS DE CAMBA E VENTOSA dijo...

Pregunta:
A semana pasada (do 16 ao 22 de novembro, 2009) saíu no xornal (non me lembro en cal) que foi donado a unha orde relixiosa polo seu dono?.

A Ulloa en fotos dijo...

Pois si, agora o castelo e todas as súas terras son dos "Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres de Teis".

Podes ler a noticia pinchando no enlace que hai na barra da dereita que pon "¿Sen noticias de Pambre?", hai está todo o que a prensa vai dicindo.

Saúdos para Ventosa

Naralliensis dijo...

Pois alucino un pouco co conde de Barraxeiros. Alguén sabe como era este individuo? Asi que dona o castelo á irmandade? Será por lavar conciencia... (non sei... as ocas... o can...)? Será por tocar os pinreles e non acabar de asumir que debería de ser un patrimonio de todos?. Hai que ver que liante é certo estamento: os nobres poñendo atrancos, e a Igrexa poñendo "a disposición" a conta bancaria para seguir recadando... Pos sí, unha herencia complicada.

A Ulloa en fotos dijo...

Eu so ó vin unha vez fai dous anos, nin sabía quen era nin houbese adiviñado que aquel home barbudo e non moi ben arranxado era o dono de Pambre senón mo chegan a dicir. De tódalas formas hai moita xente en Pambre que che falaría del, e moitos ex-caseiros con moitas cousas que dicir.

Moito que lavar... si.

Conde de Borracheiros dijo...

Este de Melide son a caña. Agora reclaman o arquivo de Pambre para eles. Pois como os da Ulloa se durman han quedar sen castelo, se o compra o mago Antón xa sabedes o que vai pasar...