lunes, 1 de junio de 2009

Monte de Chaos: a Pena de Chaos




















































































A primeira vez que pisei a pedra de Pena de Chaos, fai uns 28 ou 30 anos, nen sequera sabía o que era un petroglifo, era algo curioso que estaba no medio do monte e nada mais. Co paso do tempo e xa sabendo un pouco mais converteuse nun dos meus lugares máxicos da Ulloa. Máxico pola pedra en si mesma, por ese gravados únicos en profundidade de furco. Máxico polo lugar no que se atopan. Máxico por tódolos os bos recordos que me trae.

O primeiro estudo (que non o primeiro publicado sobre eles) que se fixo sobre os petroglifos do Farelo: "Los grabados rupestres de Pena de Chaos y Pena da Moura en San Fiz de Amarante (Antas de Ulla, Lugo)", foi publicado no 1995 no Volume 8 do Boletín do Museo Arqueolóxico da Coruña, por Costas Goberna, Novoa Álvarez e Albo Morán, e é a eles a quen corresponde a autoría do calco que aparece na cabeceira desta entrada.

Na terceira fotografía aparecen as figuras númeradas no calco como figuras 1 e 3, gravados de 5 círculos concétricos que alcanzan no seu exterior un diámetro máximo 76 e 88 cm. respectivamente, pero que son superadas en tamaño pola figura 16 (foto 5) que, ademáis de ter 6 círculos, chega no exterior os 95 cm de diámetro. Os gravados mais complexos da Pena son o conxunto formado polas figuras 11 a 15 (foto 4) que, cunha profundidade furco que alcanza os 8 cm, converten a este lugar en algo único entre tódolos gravados rupestres de Galicia.


Calco, vista xeral e detalle da Pena de Chaos.
Monte de Chaos- Penas Malvis.
San Fiz de Amarante.
Antas de Ulla

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

6 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Tamén eu empreguei en certa ocasión unha imaxe do Monte de San Fiz no meu blogue. E ese petro que amosas na segunda foto o que xa é motivo inspirador dunha Asociación folque de Antas...

A Ulloa en fotos dijo...

Sí, refireste a figura 6 de Pena de Chaos.

É curioso ca Asociación Folke de Antas (que, por certo, levan seis meses sen actualizar páxina) elexiran esta figura e non outra, a verdade é que na foto vese moi ben porque o sol estaba no lugar preciso nese momento, un pouco mais tarde xa non se ve enteira.

De tódalas formas, a figura máis plaxiada dos calcos de Goberna é a número 1 do grupo II de Chaos. A ver se me poño hoxe con ese grupo para que saia mañá.

Chousa da Alcandra dijo...

(Non lles reñas aos folkeiros por on actualizar a páxina, que andan moi cabizbundos e meditabaixos...)

A Ulloa en fotos dijo...

Bueno, só era un toque de atención. Polo menos un pouco de música na páxina non viña mal.

A Ulloa en fotos dijo...

Por certo, a foto que sacan como "inspiración do logo" e da figura 1 e realmente o seu logo é o calco da figura 6. Teño que comentarllo.

A Ulloa en fotos dijo...

Abre o calco para amplialo e verás a que me refiro.