jueves, 16 de diciembre de 2010
As vistas areas da Ulloa no video de Lugo Terra
A Área de Turismo da Deputación Provincial Lugo ten colgado na páxina www.lugoterra.com un vídeo promocional sobre A Ulloa.
Vale a pena velo, así que aquí queda como comezo das miña vacacións blogueiras.
Ata o ano que ven.
Apertas para todas e todos os que estades do outro lado da pantalla e que teñades un bo inverno e un feliz 2011.
Etiquetas:
Antas de Ulla,
Monterroso,
Palas de Rei,
Videos
miércoles, 8 de diciembre de 2010
As aldeas deshabitadas de Palas de Rei

O concello de Palas de Rei, con case 200 km2, é o de maior extensión da Ulloa. Ten case o dobre que Antas de Ulla (103,66 km2) e que Monterroso (118 km2) e pode que esa fose a razón mais sinxela para explicar o gran número de lugares deshabitados que ten pero, se así fose, o concello de Friol, con 295 km2, non tería un número moito menor.
A listaxe de aldeas deshabitadas segundo o Instituo Nacional de Estadística é a seguinte:
A listaxe de aldeas deshabitadas segundo o Instituo Nacional de Estadística é a seguinte:
- Castro
- O Froxón
- O Pozo
- O Mesón
- A Pallota
- A Taberna
- A Ponterroxán
- Carricova
- Boavista
- A Ponte Santar
- Ermita
- Chouso Vello
- Candieira
- Vilar de Monte
- A Lagoa
- O Freixeiro
- Pena Mouril
- A Veiga
- Vilachá
- Curuxás
- Frádegas (As Augas)
- A Corda
- O Couso
- Mende
- As Cancelas
- Setefontes
- Arulfe
- Castro
- A Estrada
- Reboredo
- Tiulfe
- Outeiriño
Dicir varias cousas o respecto. Como pasa cos datos dos outros concellos, tamén en este hai polo menos un lugar no que sei que vive xente.
Dicir tamén que o preocupante de Palas de Rei, non son soamente os 32 lugares deshabitados, senón que hai que engadir 21 lugares nos que so queda un habitante censado, o que quere dicir que en non moito tempo (se as cousas non cambian) pasaran a estar na primeira lista.
E por último, na Ulloa, segundo os datos de 2009, vivimos 10.326 persoas das que 3.682 son maiores de 65 anos que viven na súa maioría no rural, polo tanto a gran pregunta é:
¿cantos lugares quedarán deshabitados a medida que a próxima década vaia avanzando?
Dicir tamén que o preocupante de Palas de Rei, non son soamente os 32 lugares deshabitados, senón que hai que engadir 21 lugares nos que so queda un habitante censado, o que quere dicir que en non moito tempo (se as cousas non cambian) pasaran a estar na primeira lista.
E por último, na Ulloa, segundo os datos de 2009, vivimos 10.326 persoas das que 3.682 son maiores de 65 anos que viven na súa maioría no rural, polo tanto a gran pregunta é:
¿cantos lugares quedarán deshabitados a medida que a próxima década vaia avanzando?
lunes, 6 de diciembre de 2010
As aldeas deshabitadas de Monterroso

Como xa expliquei na anterior entrada, un dos datos que se poden consultar no INE son as aldeas que xa non teñen ningún habitante censado nelas. Nos datos que aparecen para o concello de Monterroso hai 9 lugares sen habitantes, que son:
Na fotografía, casa deshabitada no concello de Monterroso.
Ladar.
Monterroso.
- A Pedriña
- A Cogula
- A Ermida
- Val
- A Fonte do Porco
- Mundin
- Cacabelos
- O Campo
- A Carreira
- A Barreira
- A Cariza
Na fotografía, casa deshabitada no concello de Monterroso.
Ladar.
Monterroso.
jueves, 2 de diciembre de 2010
As aldeas deshabitadas de Antas de Ulla
Levo un tempo mirando os datos que o Instituto Nacional de Estadística publica sobre A Ulloa e, entre os moitos que podes atopar, hai un que da arrepíos: os nomes dos lugares deshabitados, é dicir, o lugares onde a poboación censada é cero. Busquei este dato para os tres concellos ulloáns mais para os concellos limítrofes con nos e así ter algo con que comparar.Segundo din eses datos, no Concello de Antas de Ulla hai 6 lugares deshabitados, que son:
- Campo de Chao
- A Parrocha
- Barbalde
- Nugallás
- Medeiro
- A Regueira
- O Seixo
- San Tomé
Na fotografía detalle dunha casa deshabitada.
Peibás.
Antas de Ulla.
martes, 23 de noviembre de 2010
Bibliografía

De novo alguén pregunta que de onde saco eu o que escribo.
Resposta: parte do que me contan, parte do que observo e a outra parte dos libros que outros escribiron. Así que de agora en diante irei engadindo a esta lista os libros novos que vaia empregando para recoller datos que aparecen neste blogue.
Resposta: parte do que me contan, parte do que observo e a outra parte dos libros que outros escribiron. Así que de agora en diante irei engadindo a esta lista os libros novos que vaia empregando para recoller datos que aparecen neste blogue.
- Bas López, Begoña: “Camiños, pasos e pontes”. Vigo, Ir Indo Edicións, 1989
- Bello Diéguez, José Mª. e Peña Santos, Antonio de la: “Galicia na Prehistoria”. Historia de Galicia, vol. 1. A Coruña, Ed. Vía Láctea, 1995
- Caamaño Suárez, Manuel: “As construcións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia”. A Coruña, Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos. 2003.
- Cabana Outeiro, Alexandra e Xohán Cabana, Darío: “Monterroso na Ulloa”. Lugo, Concello de Monterroso. 2001
- Carrera Ramírez, Fernando; Costas Goberna, Fernando Javier e Peña Santos, Antonio de la: “Grabados rupestres en Galicia. Características Generales y problemática de su gestión y conservación”. Pontevedra, Deputación Provincial de Pontevedra. 2002.
- Castro Fernández, Fermín: “Castros da Ulloa”. 1998. Inédito.
- Cooper, Edward: "Castillos señoriales de Castilla de los siglos XV y XVI", volumen 1. Madrid. Fundación Universitaria Española. 1980.
- Costas Goberna, Fernado Javier e Novoa Álvarez, Pablo : “Los grabados rupestres de Galicia”. Monografías, vol. 6. A Coruña, Museo Arqueolóxico, 1993
- Costas Goberna, Fernando Javier; Novoa Álvarez,Pablo e Albo Morán, José Mª: “Los grabados rupestres de Pena de Chaos y Pena da Moura en San Fiz de Amarante (Antas de Ulla, Lugo)”. Brigantium, vol. 8. A Coruña, Museo Arqueolóxico, 1993-94, pp. 263-284
- Delgado Gómez, Jaime: “El románico de Lugo y su Provincia”. A Coruña. Edinosa S.L., 2001, 4 vols.
- Fernández de la Cigoña e Nuñez, Estanislao: “Esmoleiros, petos e cruceiros de ánimas de Lugo”. Vigo, Asociación Galega para a Culatura e a Ecoloxía. 2002.
- García Florez, Mª del Carmen “Cabaceiros de La Comarca de la Ulloa”, en Narria (Revista del Museo de Artes y Tradiciones Populares de la Universidad Autónoma de Madrid) nº 63-64. Madrid, 1993, pp. 6-9
- Gato Soengas, Antonio: “Os muíños de auga na Ulloa”. Lugo, Deputación provincial de Lugo, 1998.
- Giz Ramil, Julio: “Monterroso en las tierras de Ulloa”. León, Everest, 1990.
- Giz Ramil, Julio: “Palas de Rei. Regio Palacio”. León, Everest, 1991.
- Gómez Alvite, María José: “Ligonde y el Camino de Santiago. Elementos del Patrimonio histórico (I)". Lugo. Concello de Monterroso, 2007.
- Gómez Alvite, María José: "A Feira de Monterroso. Elementos do patrimnio histórico (V)". Lugo. Concello de Monterroso, 2010.
- Izquierdo Perrín, Ramón: “La arquitectura románica en Lugo”. A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1983.
- Laredo Verdejo, Xosé Lois “A Ulloa. Terra de Melide. Deza e Chantada”. Galicia Enteira. Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 3ª ed. 1987, vol. VIII
- Lenaghan, Patrick coord.: “Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia”. A Coruña. Fundación Caixa Galicia. 2009
- Méndez Vázquez, Carlos: “Castros de Monterroso”. Lugo, Editorial Alvarellos, 1983.
- Parrado Garea, Carlos: “Curuxás. O guerrilleiro que non cazou Franco”. Vigo, Edicións A Nosa Terra, 2009.
- Peña Santos, Antonio de la e Rey García, José Manuel “Petroglifos de Galicia”. Oleiros/ A Coruña, Via Láctea Editorial, 2001
- Peña Santos, Antonio de la e Vázquez Varela, José Manuel: “Los petroglifos gallegos. Grabados rupestres prehistóricos al aire libre en Galicia". Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos, 30. Sada/ A Coruña, 3ª ed. 1997.
- Pereiro Pérez, Xerardo e Pérez Paredes, Xosé Manuel: “Rutas Xacobeas na Comarca da Ulloa”. Palas de Rei/Lugo. Centro de documentación e interpretación da Comarca da Ulloa, 2001.
- Rellán Rodrígfuez, Carlos; Gorgoso López, Lino e Fábregas Valcarce, Ramón: “O conxunto de petroglifos de Campo da Uz (Sta. María de Areas, Antas de Ulla) e as vías de tránsito cara o interior lucense”. Santiago de Compostela/ A Coruña, Gallaecia, nº27, pp. 35-65, 2008.
- Rodríguez Castro-Rial, Romy; Sánchez Rancaño, Cristina; Taboada Acevedo, Rodrigo: "Estudio de construcción rural en el Camino de Santiago. Palas de Rei". Santiago de Compostela. Xunta de Galicia- Agrupación de Colegios de Aparejadores y Arquitectos Técnicos de Galicia, 1996.
- Vázquez Seijas, Manuel:” Fortalezas de Lugo y su provincia”. Lugo, Deputación Provincial de Lugo, ed. Fascimil 1955-1973, 6 vols.
- VV.AA.: “Comarcas de Galicia. A Ulloa”. A Coruña, Sociedade para o desenvolvemento Comarcal de Galicia, 2001.
- VV.AA.: “O patrimonio bibliográfico dan Ulloa. Guía de publicacións da comarca”. Palas de Rei, Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas “Os Lobos”, 1998.
- Yebra de Ares, Antonio: “Monterroso. Pasado y presente”. Lugo, Deputación Provincial de Lugo, 1987.
- Yebra de Ares, Antonio: “Pazos y señoríos de la provincia de Lugo”. Lugo, Deputación provincial de Lugo. 2006. 3 vols.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)