viernes, 5 de junio de 2009

Monte de Chaos: Grupos III y IV



































































































Nas dúas entradas anteriores falei dos grupos I e II do Monte de Chaos, de estes hai estudo feito, pero alí hai 7 penas mais sen estudar.

Según os fun coñecendo púxenlles nome seguindo o estudo de Goberna e Novoa, así as seguintes penas quedaron bautizadas cunha numeración que non ten que ver coa importancia dos gravados que contén, senón co momento en que ía topando con elas. Ó non estar estudadas non hai calco e polo tanto tedes que conformarvos coas miñas fotos.

As tres primeiras fotografías pertencen o Grupo III de Monte de Chaos, na zona das Penas Malvis. Esta rocha contén 14 gravados, 11 na parte superior (fotos 1 e 2) e tres mais nunha rocha mais baixa que está o seu carón (foto 3), estes últimos bastante mais desgastados. O círculo mais grande ten uns 80 cm de diámetro e son ben curiosas (e fermosas) as distintas superposicións que se ven en todo o grupo.

As catro fotografías restantes pertencen o Grupo IV. Están a rás de chán a carón do grupo anterior. Polo desgaste desta pedra son mais difíciles de ver a non ser que a luz sexa a apropiada. Este grupo ¡é unha xoia! Son mais de 20 gravados entre os que destacan tres en particular: as dúas figuras que eu chámo, os "trévores de Chaos" (foto 6 e foto 7) e ese estrano gravado situado a carón dun dos trébores (foto 7) que, polo desgaste, non se chega a saber moi ben ó que é. Dicir dos "trévores" que só coñezo un gravado deste tipo en todo o repertorio de gravados rupestres do Atlántico, e está no norte de Portugal. Este grupo, o IV, necesita un calco con urxencia, así que, se coñeces algún arqueólogo que se preste a facer un traballo por amor a arte xa sabedes, que se poña en contacto conmigo e levareino alí.

Xeral e detalles dos grupos III e IV.
Monte de Chaos-Penas Malvis.
San Fiz de Amarante.
Antas de Ulla


miércoles, 3 de junio de 2009

Monte de Chaos: Grupo II


























































































A uns 150 metros de Pena de Chaos, está a rocha que, Goberna, Novoa e Albo, no seu artigo "Grabados rupestres de Pena de Chaos y Pena dea Moura de San Fiz de Amarante" (Brigantium 8, Boletín do Museo Arqueolóxico da Coruña), denominaron o Grupo II de Monte de Chaos.
O calco que tedes en primeiro lugar é deles (e digo esto porque normalmente a xente esquécese de cos calcos teñen unha autoría e que débese pedir permiso os autores para utilizalos).
As primeiras dúas fotos son antigas (de fai uns sete anos), na primeira tedes a figura 2 e na segunda a figura 1.
Sí, estaban cheas de musgo e liquen, pero catro anos mais tarde, (a foto 3 é unha xeral da pena e as 4 e 5 detalles das figuras) alguén foi limpialos. Vale, agora vense mellor, pero, o/a manazas que foi fozar alí ¿non sabía que se quitas o musgo tamén podes danar a pedra?
Sí, os ácedos do líquen comen a pátina da pedra, pero quitalos porque sí aínda é peor. Por sorte, sempre nos quedará o calco de Goberna.

Engadir un dato: a figura 1 ten un diámetro máximo de 100 cm., ó ca converte no gravado mais grande do Monte de Chaos.


Calco, xeral e detalles do grupo II
Monte de Chaos- Penas Malvis.
San Fiz de Amarante.
Antas de Ulla.

lunes, 1 de junio de 2009

Monte de Chaos: a Pena de Chaos




















































































A primeira vez que pisei a pedra de Pena de Chaos, fai uns 28 ou 30 anos, nen sequera sabía o que era un petroglifo, era algo curioso que estaba no medio do monte e nada mais. Co paso do tempo e xa sabendo un pouco mais converteuse nun dos meus lugares máxicos da Ulloa. Máxico pola pedra en si mesma, por ese gravados únicos en profundidade de furco. Máxico polo lugar no que se atopan. Máxico por tódolos os bos recordos que me trae.

O primeiro estudo (que non o primeiro publicado sobre eles) que se fixo sobre os petroglifos do Farelo: "Los grabados rupestres de Pena de Chaos y Pena da Moura en San Fiz de Amarante (Antas de Ulla, Lugo)", foi publicado no 1995 no Volume 8 do Boletín do Museo Arqueolóxico da Coruña, por Costas Goberna, Novoa Álvarez e Albo Morán, e é a eles a quen corresponde a autoría do calco que aparece na cabeceira desta entrada.

Na terceira fotografía aparecen as figuras númeradas no calco como figuras 1 e 3, gravados de 5 círculos concétricos que alcanzan no seu exterior un diámetro máximo 76 e 88 cm. respectivamente, pero que son superadas en tamaño pola figura 16 (foto 5) que, ademáis de ter 6 círculos, chega no exterior os 95 cm de diámetro. Os gravados mais complexos da Pena son o conxunto formado polas figuras 11 a 15 (foto 4) que, cunha profundidade furco que alcanza os 8 cm, converten a este lugar en algo único entre tódolos gravados rupestres de Galicia.


Calco, vista xeral e detalle da Pena de Chaos.
Monte de Chaos- Penas Malvis.
San Fiz de Amarante.
Antas de Ulla

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

domingo, 31 de mayo de 2009

Cen entradas






















Comecei a facer iste blogue porque a crise económica deixoume case sen chollo. Comecei coa idea de colgar fotos, poñer o nome do sitio e nada mais, sen comentarios de negún tipo aínda có pouco caín na conta de cas veces era inevitable escribir algo. No mes de xaneiro a crise obligoume a tomar unhas vacacións forzadas e, sen nada mellor que facer, púxenme a escribir o que eu sabía das cousas que ía sacando.

Xa pasaron seis meses e o meu editor di que con esta xa van un cento de entradas así que, hoxe, para non sentir a soidade desta casa valeira, busquei unha foto que me trouxese algo bo a cabeza: os meus pés remollándose nas augas do Ulla, unha foto que sempre leva a súa propia banda sonora.

Por certo, decidín que nas vindeiras semáns non vou sacar nada novo. Voltarei as primeiras entradas e poñereime en serio con elas, así que por unha temporada toca: petroglifos do Farelo, Balboa, Sucastro, Viloide, cruceiro de Alvidrón, Novelúa e Pambre. E outra cousa, irei borrando as vellas entradas según publique as novas, así que ainda teremos cen entradas para unha temporada.

Gracias a tódolos que deixades os vosos comentarios, da gusto saber ca alguén lle interesa saber algo mais sobre A Ulloa.


Os meus pés remollándose no Ulla.
Portocarreiro.
Parroquia de Alvidrón.
Antas de Ulla.

jueves, 28 de mayo de 2009

O sartego de Olveda





















































Sempre estivo alí, na praza da igrexa de Olveda, servindo, como outros mais, de bebedoiro para o gando. Bueno, non sempre, no arranxo da praza, fai uns cinco ou seis anos, algúén, montado nun camión, tivo a feliz idea de levalo. Os veciños déronse conta e reclamárono, agora volve a estar na praza aínda que non no seu emprazamento orixinal (xa non é bebedoiro).

Estiven alí fai uns día e decateime de que nun lateral ten grabado unha cruz, e non sei se algo mais que eu non supen ver, sería cuestión de limpar e miralo con mais detenemento.


Xeral do sartego e detalles da cabeceira.
Olveda.
Antas de Ulla