Os valados son o froito mais visible do noso minifundismo. Separacións para delimitar propiedades veciñas ou para protexer as fincas do libre paso de persoas ou animais alleos. Son todos distintos e tamén moi semellantes. Levo medio ano observando as súas características e facéndolles fotos e podería seguir moito mais tempo sorprendéndome con eles, pero penso que co que teño calquera se pode facer unha idea do que hai.
A pesares de que é certo que todos valados son distintos, porque a materia prima determina o resultado, pódese dicir que so hai catro grupos básicos:
1.Os valados feitos con pedras irregulares sen chantos de apoio (foto 1)
2.Os feitos con pedras de diferentes tamaños pero con caras planas e que tampouco teñen chantos de apoio (foto 2)
3.Os valados feitos con chantos colocados un xunto ó outro formando unha fila (foto 3)
4.Os valados nos que se colocan chantos mais ou menos separados entre si e nos que os ocos son tapados con pedras mais pequenas (foto 4). Este tipo é o mais común en toda A Ulloa.
Ademais dos valados de pedra existen outro tipo de separación de fincas: as sebes (foto 5) que consiste en plantar determinados arbustos que son podados de tal xeito que acaban formando verdadeiros valados vexetais.

Fotografías de valados de Felpós, Hospital das Seixas, Marzán, Santa Mariña de Castro de Amarante e sebes de Quindimil.
7 comentarios:
Sempre me chamaron a atención os valados tipo 4 -eses que levan chantos entre os muros de cachotería-. Tamén son abondosos por Friol adiante. O que non sei é se esta forma de peche ten algunha razón de uso ou simplemente é por cuestións de aproveitamento ou reutilización do material.
Un saúdo
Si ten unha razón. O chanto fai mais estable toda a estrutura, son como as "columnas" do valado. Ademais é moito mais doado construír o valado así porque vas avanzando o traballo por espazos que xa están delimitados.
Apertas
Sorprenden estas construccións que, ademáis da perspectiva minifundista que ti xa sinalas, supoñían un árduo e longo traballo. Da idea do apego inmenso á terra dos nosos avós, que adicaron tanto esforzo (en tempo e incluso cartos) para erguelos.
(Tamén hai cerramentos con sebes naceron como consecuencia de espetar estacas de arbustos "vivos" que brotaron co paso do tempo. Seguro que coñeces tamén algúns casos)
Saúdos
Irei facendo as entradas segundo ande de tempo para organizar as fotografías. Xa verás que valados mais xeitosos que temos.
Apertas
outro dos meus temas ecurrentes.....¿E que me dis das portas......?.Parate uns instantes a pensar, na cantidade delas que podemos atopar, e de moi diferentes tipoloxia...As portas do ceu, como publiquei Eu fai anos..nunha das miñas entradas.
un bico
Cando dis as portas, ¿refíreste ás cancelas? Teño unhas cantas fotos de cancelas de madeira, cando remate cos valados sacarei unha entrada con elas.
Apertas
Cancelas nos campos e portas nas cortes, e casas.....as mais das veces so ruinas.
Publicar un comentario