lunes, 16 de mayo de 2011

Letras galegas: dous poetas ulloáns



O mellor xeito de celebrar as Letras Galegas e traéndoas aquí. Déixovos uns poemas de dous poetas nacidos na Ulloa.


Sabedes o que é ir coa boca chea
de poesía, mamando versos,
cara un lago que se enche de augas musicais?
Amades, de vagar, a madeira?, e os tellados antigos?
Coñecedes as aptitudes da pel?, e
vislumbrades, armados de ternura,
nos acenos do pracer, a loucura
que nos habita e nos sostén
cando todo o soño se derruba?

Virán visitarnos, estaremos idos.
Virán preguntarnos, será tarde.

(Sen título. Xesús Pereiras, Cantos da seiva, 2002)



Mirar de fronte as cousas da historia.
Tirar
áncoras
da lingua.
(Escola
para cativos vietnamitas en,
por
exemplo, Saigón,
1951: "os nosos devanceiros,
os galos,
eran loiros e tiñan os ollos azuis").
De fite en fite,
a colisión, as fracturas,
as liñas de fuga.
O éxodo.


(Método dialéctico. Daniel Salgado, Éxodo, 2006)




1 comentario:

busto.agolada dijo...

Grazas pola palabra poética ulloá e a noticia dos poetas Xesús e Daniel. Feliz xornada das Letras e longa vida á lingua que nos "enche a boca enteiramente e coma un río interno nos asulaga".
Unha aperta.