lunes, 17 de enero de 2011

O pozo de Vilareda




A gran maioría dos pozos da Ulloa son privados, é dicir, pertencen a unha casa concreta. Por ser privados, moitos deles están dentro da finca da casa e é moi difícil velos cando vas de paseo.
O pozos públicos, polo contrario, están colocados en lugares con bo acceso para a maior parte da aldea polo que pasan menos desapercibidos.
Se situación e a propiedade van unidas eu diría que pozo de Vilareda é público, pero a verdade é que non lle preguntei a ningún veciño por ese particular porque a estrutura do pozo (o seu tellado) é tan curiosa que o da propiedade queda en segundo plano.


Detalles da estrutura e do interior do pozo.
Vilareda.
Palas de Rei


Sempre que vexo un pozo non podo resistir a curiosidade de abrir a porta para ver se aínda ten o balde e a roldana.

3 comentarios:

busto.agolada dijo...

Escolliches un pozo ben fermoso para iniciar unh posible serie dos pozos da Ulloa. Este gústame especialmente polo esteo e a lousa que lle serve de soportal para protexer da chuvia a quen saque a auga.
Saúdos

A Ulloa en fotos dijo...

Aínda non teño material suficiente para facer algo sobre os pozos. A verdade é que escollín estas fotos despois de ler o teu post sobre os augadores da feira e o pozo pechado.

Apertas

Uska Hope dijo...

Muito inusitado! Ao mesmo tempo que parece firme por ser pedra, parece que irá cair pelo balanço! Muito bacana!!