martes, 16 de noviembre de 2010

As bufardas da Ulloa (1)












Fai uns meses, lendo un libro sobre arquitectura tradicional galega, topei cunha palabra descoñecida para min: bufarda. O libro titúlase “ As construcións da arquitectura Popular. Patrimonio etnográfico de Galicia” e foi escrito no ano 2003 por Manuel Caamaño Suárez. Non é que eu teña lido moito sobre o tema pero podo dicir que é o libro mais completo que coñezo sobre a nosa arquitectura.
No espazo que lle dedica as bufardas pon ó seguinte: “A bufarda consiste nunha simple fenda feita no muro, que adoita posición vertical ou horizontal (nalgúns casos pode ir redondeada), enmarcada con dúas coidadas pezas de granito. A súa función é a de dar ventilación a espazos destinados a cortes, adegas e almacenamento, que nalgunhas ocasións se tapan con fachucos de palla.”

Aquí vai unha mostra dos tipos de bufardas feitos con cantería dos que se poden ver hai mais exemplares dentro da nosa comarca.


2 comentarios:

busto.agolada dijo...

Eu si coñezo a palabra desde pequeno. Escotáballa aos maiores, con dúas variantes: bufarda e bufarra, sgundo quen a dixese. Seguramente esta segunda sería unha deturpación da primeira. Eu, igualmente teño recollido centos de fotos con bufardas. A ver se algún día xunto dos arquivos as máis orixinais, que as hai.
Apertas desde Lalín deica a Ulloa.

A Ulloa en fotos dijo...

Si, teñen variantes e mais nomes: bufarro, burata, buraca, fachal, fachinal, fachinel, fachinela, mainelo, respiradoiro (que era o que eu coñecía), trapeira e ventano. Claro que isto seino dende fai dous meses. Ai, canto me queda por aprender...

Nas segunda parte das bufardas está a foto do muíño castrexo do que xa che falei.

Cóidate.