






A capela do castelo, capela de San Pedro de Pambre, data de finais do século XII sendo, polo tanto, uns douscentos anos mais vella co resto do castelo. A capela é románica é conserva a súa peculiar fábrica na que a porta principal está desprazada do eixo central cara o muro norte.
Como anécdota dicir que, Izquierdo Perrín, no seu libro "La arquitectura románica en Lugo" escrito no ano 1976, di: "La capilla, que según Madóz fue feligresía, es anterior al castillo y un humilde ejemplar del románico lucense que desde hace ya tiempo desempeña la ignominiosa función de establo". A ollos de hoxe isto pode parecer unha aberración pero é que a Torre, durante moitos anos, non foi nin mais nin menos que unha casa de labranza, iso si, ben peculiar.
Interior do castelo de Pambre.
Pambre.
Palas de Rei
No hay comentarios:
Publicar un comentario