![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgar9TCQM4er9kRdOSLf-SyYTWsrlQwIKsFnsDwE_VlXx_OeTtdTR9oPHncBK1-HH3LWUD5WLQFE5VcPHaefLQI9pGVi7uiZBWHG_rG-ORoY2ViU2J_zRtVTzqcqwSZZi2yOc8DhZAwQZRs/s320/As+Torrentes+4bis+r.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjP90fTxX2yTi9k7RolNp1WsPN5NYaRCl86JdJ_Oisc1t6rvVd-rcEHvjbCzsbPlAKJEEA1ubIzsNbaIxhYwZJADYF8hSeD0zHxJri_66iqfWRgPU_CdzDTP08z_KAm-NdO9QetB9_UseqT/s320/As+torrentes+3+bis+r.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg-VXpT91ncHv83u1DTNM8rzyI93GOsqpcA0jVR1pi2LlVczu7Jy6B4s6gscFnH5-dbnyL6T0idhyoXadtkr862XOBXdeFAZQaR0j_ueEGfrLznwJ42IhXVnUp4kHJ05mJ71Tr_Mx2tD-rN/s320/As+torrentes+2+bis.jpg)
¿Qué sería da Ulloa sen o Ulla?
Eu son da opinión de que o Ulla non nace nin en Monterroso nin nos montes de Olveda (en Antas), senón nunha pequena fonte do noso veciño concello de Taboada.
Axeno a esa polémica o río pasea as súas augas polos tres concellos ulloáns, regalándonos un sinfin de fermosas estampas. Se de todas elas tivese que escoller so unha, esta sería a formada polas Torrentes, como se o río, xusto antes de deixar a súa comarca quixera despedirse pavoneandose da súa grandeza.
Detalle dos saltos do Pozo Negro e o Pozo Branco.
As Torrentes do Ulla.
Antas de Ulla e Palas de Rei.
1 comentario:
Determinar cal dos dez ou doce regatos que aparecen na zona da Pateira, en Olveda de Antas, é o orixinario e principal, resulta ben complicado...
O que dende logo resulta doado é concluir que a zona das Torrentes, dende Frádegas ata Mácara, resulta ser un privilexio para os sentidos e un alarde de xenialidade que nos brinda a natureza.
Publicar un comentario