Descoñezo o porqué, o certo é que nas parroquias do primeiro tramo do Camiño de Santiago os hórreos teñen uns fermosos respiros. Neste, o mestre canteiro, tivo a curiosa idea de gravar una serpe.
Hórreo de Vilaxoán.
Parroquia de Lestedo.
Palas de Rei.
(Chouso, este vai para ti, que xa sei que tes debilidade polos hórreos. E tamén para miña irmá, gústame pasear contigo)
Hórreo de Vilaxoán.
Parroquia de Lestedo.
Palas de Rei.
(Chouso, este vai para ti, que xa sei que tes debilidade polos hórreos. E tamén para miña irmá, gústame pasear contigo)
Había canteiros (e os donos que os encargaban) que eran verdadeiros sibaritas, recreándose nos adornos que facían nos hórreos.
ResponderEliminarOs motivos animais (sobre todo o das cobras) teñoos visto con frecuencia en algunhas outras pezas da nosa bisbarra.
Este que amosas, alomenos o costal que se ve na foto, é ben atractivo; tanto polo traballado dos respiros como as propias albardas que case fan un arco de medio punto.