viernes, 16 de enero de 2009

O cabazo de Pidre



































Din cos cabazos eran os hórreos dos pobres, bendita sexa a beleza das cousas humildes!
Cunha estructura moito mais sinxela e moito menos duradeira cos hórreos graníticos, empregábanse (e aínda se empregan) para gardar o millo.
A estrutura facíase entrelazando corras de salgueiro ou mimbio, enchíase coa colleita e tapábase cun tellado feito de palla de centeo, as veces, recuberto con xesta. As mazorcas íanse sacando, segundo a necesidade, por unha pequena porta con trapela que se deixaba na parte mais baixa.

Pódense ver nas aldeas do interior da comarca, aínda que cada vez son mais escasos porque o tempo non perdoa e as mans dos que sabían facelos vanse esvarecendo.

Cabazo e detalle do trenzado.
Pidre.
Palas de Rei

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

6 comentarios:

  1. Pola zona de Antas era máis utilizado o nome de cabeceira ou cabiceira.
    Esa que recolles de Pidre é o prototipo ben definido da nosa zona. Suspendida sobr esteos de pedra (en ocasións eran de madeira).
    Un dos problemas que adoitaban acusar estes secadeiros de millo (finalidade idéntica á dos hórreos) era que estaban pouco elevados do chan e moitas veces os ratos alcanzaban as plataformas sobre as que se asentaban...

    ResponderEliminar
  2. Vaia, eu creía que as cabeceiras tiñan unha planta mais estreita que os cabazos.

    Gracias pola información.

    ResponderEliminar
  3. Descoñecía a existencia destes cabazos, por aquí non se estilan.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. ¡Vaya sorpresa! Todavía quedan algunos de esos "mini-hórreos".
    Precisamente en Pidre, fotografié uno parecido allá por 1987 -antes de ayer, como quien dice-. Y no los he vuelto a ver, por otras partes de Galicia.
    Una pena que se pierda ese trozo de patrimonio cultural, que debería estar protegido tanto como los templos.

    Salud y fraternidad.

    ResponderEliminar
  5. Sí, deberían estar protexidos ou polos menos deberían darlle algunha clase de incentivo os donos para que non os deixen caer, o certo é cos que siguen en pé resisten porque síguense a empregar, pero, ¿qué pasará con eles cando a xente maior do rural xa non estea?

    ResponderEliminar
  6. Certo o que dicides, é unha mágoa que un tipo de construción que vén de moito máis atrás ca romanización os deixemos perder.
    De tódolos xeitos por Palas adiante aínda non hai moito fotografei un -se non me confundo na parroquia de Merlán ou Augasantas.
    En Friol aínda se lle pode botar o ollo a algún pola zona de Miraz

    ResponderEliminar