martes, 7 de julio de 2009

A Uceira da Somoza: A Laxe Ferrada IV








































































O desgaste do gran conxunto situado na parte nordeste da Laxe Ferrada fai que este fermoso conxunto de gravados so se poida apreciar nunhas condicións de luz moi determinadas, supoño que iso tamén determinou que o calco non sexa todo o exacto que debería.

Como no resto da pedra, gravados prehistóricos e mais recentes mistúranse, tal como podedes apreciar no calco de Rellán e os seus compañeiros, que tedes en primeiro lugar.

Na primeira fotografía veredes unha xeral (incompleta) deste sector no que se aprecia o enorme desgaste da zona. Na segunda fotografía (moito mais vella) o conxunto de gravados mais complexos de toda a pedra. Na terceira, ó curioso caso das pombas, curioso porque as pombas, como se pode apreciar polo tipo de furco, son relativamente recentes, e rodean ó gravado circular sen chegar a tocalo. No calco non aparece outra figura ben curiosa, a do "xabarín" situado entre as dúas pombas mais grandes.

Outra curiosidade deste sector: na parte baixa do calco podedes ver tres cruces de gran tamaño, pois á do medio marca a liña divisioria entre esta tenza e a do lado. Explícome, o monte da Somoza non é comunal, senón que a finais dos anos 40 foi repartido entre os veciños e dividido en parcelas (tenzas), a Laxe Ferrada pertence a dúas tenzas distintas e esa cruz marca o deslinde entre elas.


Detalles do sector nordeste.
A Uceira da Somoza.
A Somoza.
Parroquia de Santa Cristina de Areas.
Antas de Ulla


1 comentario:

Chousa da Alcandra dijo...

Realmente parece incomprensible que haxa piratas (como ben sei eu quen así os denomina), que atravesan os límites da cordura para escarallar (incluso por omisión) un patrimonio tan abondosamente magnífico.